Nós

Larpeiradas Anxo

Larpeiradas Anxo somos unha familia radicada na provincia da Coruña e pertencente ao mundo da distribución das larpeiradas, snacks e froitos secos. O noso inicio no sector foi a principio dos anos 90, nun tempo en que kioscos e tendas de alimentación de barrio copaban un mercado moi incipiente ata aquel momento pero que comezaría a consolidarse  co paso dos anos e coa aparición das tendas especializadas e a supervivencia, as veces de forma heroica, destas tendas de conveniencia (agora en extinción polo dominio exercido polos grandes supermercados e almacéns).

Larpeiradas Anxo foi un sono, na busca dun futuro próspero para os seus, do seu fundador e actual Xerente Xosé Anxo Caamaño quen perfilou a obra dun crecemento que había ser, única e exclusivamente, procedente do esforzo dos propios membros da empresa e do compromiso  adquirido cos nosos clientes.

Froito da unión e posterior conversión en Sociedade Limitada, xunto de Jose Regueira, nace o que hoxe é na actualidade Larpeiradas Anxo, unha compañía formada por máis dunha ducia de traballadores comprometidos cos valores que rexen a empresa.

 

Distribuidores de todo tipo de larpeiradas, snacks, chocolatese aperitivos na provincia da Coruña (durante xa máis de 25 anos) podemos dicir que distínguenos, principalmente, o compromiso cos nosos clientes,así como a calidade en cada un dos centos dos produtos que comercializamos. Ademais, contamos coa exclusividade na distribución dunha das marcas de maior prestixio no sector alimentario como é a marca GREFUSA.

Hoxe en día dispoñemos dunhas modernas e extensas instalacións situadas no Polígono Industrial de Alvedro (a 1 km do aeroporto) dotadas dos necesarios recursos técnicos e humanos cos que establecer o mellor servizo e relación para os nosos clientes. Xunto a estas instalacións apoiámonos nunha rede de comerciais a pé de rúa, dispostos a xestionar e tramitar os pedidos de forma máis eficaz a través do contacto porta con porta.

Non dubiden en contactar con nós no caso de necesitar unha atención personalizada e eficiente

Un saúdo fraternal de todos os membros que formamos LARPEIRADAS ANXO.